|
|
|
Presentacion | Sociedad Ganadera de Benquerencia | Benquerencia-1940-2005 | Memoria CIR 1909 | Racing de Benquerencia | Peña Tranquila | Emigracion |
Toda a documentacion desta paxina foi achegada por Manolo e Dani Dorado, pai e fillo aos que lles quedamos moi agradecidos por participar na redacción da historia de Benquerencia, que pouco a pouco se vai facendo mais completa.
Moitas grazas
Alvaro Vizoso Vazquez
O Racing Benquerencia surxe no ano 1975 paralelamente co nacemento dos Teleclubes, naquela época presidia o C.I.R. de Benquerencia o tan querido e inolvidable José Otero Pérez ( Pepe de Cadramón), que podemos citar como fundador do clube, xa que grazas a él conseguese a primeira equipación do Racing (Todo un luxo daquela, xa que case sempre se xogaba con roupa prestada), consistía en camiseta e medias verdes, con pantalón blanco, semellante á indumentaria do Racing de Santander ou á do Racing de Ferrol, de ahí o nome.
Como equipo de fútbol, o Racing disputa unha serie de partidos amigableis na zona da Mariña de lugo, en campos como o de Rinlo, Meirengos (A Devesa), O Cascabeiro (San Cosme), Barres (Asturias), San Xusto, Vilaxoane e como non, o Campo da Grila en San Pedro.
O equipo de fútbol sala, arranca no ano 1981, pódese denominar como un clube de amigos, concretamente os da xeneración dos 50, que dende o compañeirismo e a amizade, intentar levar a cabo un proxecto dun equipo, pasa iso, comparten gastos, buscan aportacións e ata realizan loteria de nadal.
O local social do clube sitúase na Agolada, onde Francisca e o desaparecido Benigno, aturaban dia tras dia ós integrantes do clube, o tan querido Benigno chegou a mandar facer no seu bar unha vitrina para os trofeos.
A andadura comeza co primeiro campionanto de fútbol sala no pavillón da Caixa Galicia de Benquerencia, na tempada 1981/1982, ademais de outros campionatos en anos posteriores en Ribadeo. Ademais de outros maratóns que se realizaban na comarca, como poden ser Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Burela, Xove, Alfoz, Ribadeo, A Pontenova, Seares (Asturias), Espasante (A Coruña)… uns con mais, e outros con menos éxito, pero sempre nun ambiente de compañeirismo e ilusión, no que a máxima do equipo sempre foi “Cristo ganado, Cristo papado”, todos os premios acadados eran invertidos en ceas, comidas…
No ano 1986 fórmase o equipo infantil, que co patrocinio de Caixa Galicia acadan a liga, superando no camiño a equipos como San Esteban, San Bartolo, Xoiña (Foz), Chaiñas (San Miguel)…
Despois de unhos anos sen competir, e cando parecia que os dias do Racing Benquerencia xa tocaran ó seu fin, os que forman parte da xeración dos 80, moitos deles fillos dos antigos xogadores, volven a darlle vida a este clube de amigos, donde, dende o compañeirismo e o espiritu competitivo, comezan a coxeitar novos éxitos para o Racing Benquerncia.
En definitiva un clube do pobo e para a xente do pobo, fundamentado na amizade e ilusión dos veciños, un equipo que nunca foi oficial nin federado a pesares dos éxitos…quen sabe si algún dia….
Album Fotográfico.

Actividades do Teleclub de Benquerencia (1973)

Na foto; arriba (de esquerda a dereita): Pablo Vizoso, Pascual do Morteiro, Nemesio do Faxoco, Luis, Santiago de Reigosa, Ibaseta, Tino, Juan Castrillón, Angel de Eloi; Abaixo (de esquerda a dereita): Poli, Pepe do Morteiro, Jose Antonio (Pachín), Andres, Gerardo, Manolito, Toñito de Macoca. (Anos 70)

Na foto: arriba (de esquerda a dereita): Angel de Eloi, Pascual do Morteiro, Palmeiro, ¿?, Juan de Castrillón, Manolo do Cubano, Jose Antonio Villalba;
abaixo (de esquerda a dereita): Pepe do Morteiro,¿?, Jose Antonio (Pachín), Moreda,¿? (Anos 70)

Na foto: Arriba (de esquerda a dereita): Lestegás, Ayala, Julián, Andrés, Mauro, Cubano;
Abaixo(de esquerda a dereita): ¿?, Pepe do Morteiro, Gerardo, Re, ¿?;
(Ano 1975, Campo da Grila, San Pedro de Benquerencia)

Na foto: Arriba (de esquerda a dereita): Manolo de Vicente, Pascual do Morteiro, Pepe Rey, Tino, Manolo do Cubano, Pablo Vizoso;
Abaixo (de esquerda a dereita): Pepe do Pirri, Juan de Castrillón, Pachicho, Toñito de Macoca, Angel Carregal
(Ano 1976, Campo do Complexo Caixa Galicia, Benquerencia)

Na foto: Arriba (de de esquerda a dereita): Chendo, Pablo, Cubano, Guillermo;
Abaixo (de esquerda a dereita): Juan, Nemesio, Pachicho
(Ano 81/82, Pabellón Complexo Caixa Galicia, Benquerencia)

Na foto: arriba (de esquerda a dereita): Pablo, Cubano, Chendo, Manolo de Vicente, Angel Carregal;
Abaixo (de esquerda a dereita): Nemesio, Pachicho, Sergio.(Ano 80)

Na foto, Equipo Infantil; Arriba (de esquerda a dereita): Felix, Alfonso Vincaleiro, Nenón, Ivan da Carruza, Roberto Gorrión, Marcos de Casanova;
Abaixo (de esquerda a dereita): Javier do Calaiños, Jose Cid, Pepe das Cruces, Eduardo do Cubano, Manolito do Ferreiro (Ano 1986)

Futbol Playa 2007: Arriba (de esquerda a dereita): Dani Dorado, Borja Rocha, Valego, Turero, Brais Nogueira;
Abaixo (de esquerda a dereita). Jorge David, Alejandro Vijande, Mario Torres, Lombardero.

Torneo Futbol Sala Cubelas 2007: Arriba (de esquerda a dereita): Dani Dorado, Borja Rocha, Turero, Brais Nogueira, Jacobo.
Abaixo (de esquerda a dereita): Valego, Alejandro Vijande, Ivan de Martín (pichi), Miguel.

Torneo Nadal Ribadeo 2007: Arriba (de esquerda a dereita): Brais Nogueira, Adrián Vijande, Borja Rocha, Miguel,
Abaixo ( de esquerda a dereita): Alejandro Vijande, Turero, Dani Dorado.

Torneo F.S. Cubelas 2008: Arriba (de esquerda a dereita): Brais Nogueira, Alejandro Vijande, Dani Dorado, Borja Rocha, Turero.
Abaixo (de esquerda a dereita): Pichí, Sergio, Toni Novo, Diego Rey.

Torneo Futbol Playa Barreiros 2008: Arriba (de esquerda a dereita): Dani Dorado, Sergio, Adrian Vijande, Brais Nogueira, Jorge David.
Abaixo (de esquerda a dereita): Alejandro Vijande, Toni Novo, Borja Rocha, Pichí, Turero.

Torneo Nadal Ribadeo 2008; Na foto: Arriba (de esquerda a dereita): Brais Nogueira, Dani Dorado, Iván Centeno, Turero, Pedro.
Abaixo (de esquerda a dereita): Adrián Vijande, Borja Rocha, Borja, Sergio, Alejandro Vijande
|
Presentacion | Sociedad Ganadera de Benquerencia | Benquerencia-1940-2005 | Memoria CIR 1909 | Racing de Benquerencia | Peña Tranquila | Emigracion |
|
© Álvaro Vizoso Vázquez San Pedro de Benquerencia ( Lugo ) |